Nacemento:
Morte:
Militar, 42 anos. Casado con Josefina García García en xullo de 1919; tiñan unha filla e un fillo: Josefina e Juan (pai do ex-presidente do Goberno José-Luis Rodríguez Zapatero). Veciños de León. En agosto de 1913 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Capitán de Infantería con destino en León.
Participou de 1918 a 1923 na Guerra do Rif (segunda guerra de Marrocos). No mes de xuño de 1923 acada o grao de capitán e no ano 1925 destínano ao Rexemento de Infantería Burgos nº 31, de León, 16ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica, co encargo de axudante do xefe deste rexemento, que era o coronel e golpista Vicente Lafuente Baleztena.
Iniciouse nas loxas masónicas en agosto de 1933 na loxa Emilio Menéndez Pallarés nº 15, de León, con escasa relevancia, entre 10 e 15 compoñentes.
Colaborou co xornal leonés La Mañana.
Participou na represión militar no Principado de Asturias por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, baixo o mando do xeneral Eduardo López de Ochoa Portuondo.
Pola súa militancia socialista e a colaboración con El Socialista (colaboración que ofrecera pero que nunca chegou a realizar), en abril de 1935, castigárono por falta grave a oito meses de emprego e soldo e restituírono no seu posto despois do triunfo da Fronte Popular (FP), no mes de abril de 1936.
Traballou nos servizos de contra-intelixencia no seu acuartelamento para prever movementos sediciosos.
Executado.
Cando ocorre o movemento rebelde estaba de vacacións coa súa familia en San Pedro de Luna, Láncara de Luna (León) e volveu ao seu rexemento acatando ordes superiores de Vicente Lafuente, que á fin era o cerebro da conspiración en León.
No seu rexemento era un dos poucos oficiais leais á República e Lafuente Baleztena empregouno como enlace co Goberno Civil. Despois do triunfo dos sublevados en León o día 20 de xullo, detivérono no Goberno Civil, encarcerárono na prisión de Puerta Castillo (León) e despois trasladárono ao campo de concentración do Hostal de San Marcos (León); Lafuente Baleztena referíalle que non se preocupara, que era para protexelo dos falanxistas por mor das súas ideas republicanas.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en León o día 14/08/1936, na causa 386/36 (desaparecida dos arquivos) con outras cinco persoas. O seguinte día 15 condenáronos á pena de morte polo delito de traizón.
Fusilárono os golpistas ás 06:00 h do día 18 no polígono de tiro de Puente Castro.
Soterrárono nunha fosa común en León.
O coronel de Artillería e xefe do Rexemento de Artillería de Costa nº 2, de Ferrol, Antonio Corsanego Wauters-Horcasitas, formou parte de diferentes tribunais nos consellos de guerra posteriores ao alzamento, entre eles desprazárase a León para participar no que xulgaba ao capitán Juan Rodríguez Lozano e outros cinco oficiais desafectos, todos eles condenados a morte e executados.
O Tribunal para a Represión da Masonería e o Comunismo instruíulle expediente en marzo de 1946; ao constar a súa morte, o caso rematou sobresido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.