Nacemento:
Morte:
Labrega, 35 anos. Casada con Jesús Casas González, o Inverno, asasinado o día 06/08/1936; tiñan catro fillas. Veciños de Santo Estevo de Eirexalba, O Incio. Filla de Carmen Maceda Macía, morta en enfrontamento e irmá de Antonio Rodríguez Maceda, encarcerado e de Ramón Rodríguez Maceda, paseado.
Encarcerada. Morte na cadea.
A Anuncia arrestárona o día 11/05/1939 en relación cun tiroteo da Garda Civil de Monforte de Lemos (Lugo) e Sarria (Lugo), que tomaran ao asalto a Casa do Inverno.
Na acción represora faleceron a nai de Anuncia, Carmen Maceda Macía, e os dous fuxidos que se agochaban na súa casa desde o ano 1937, Enrique de Vigo e Benigno Díaz González; outro fuxido é quen de escapar. Tamén morreu o tenente da Garda Civil Manuel Castro Lebón. Carmen Maceda finou por mor do estoupido dunha bomba de man.
Xulgada en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 452/39, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 14/08/1940.
A mesma condena recibiu neste procedemento o seu irmán Antonio Rodríguez Maceda.
Pena de morte conmutada con posterioridade na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua.
Despois de varios meses na cadea ingresárona no Hospital Provincial de Lugo o día 15/01/1941 e alí morre aos poucos días por mor dunha tuberculose.
Procesárona no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.