← Volver atrás

Rodríguez Páramo, José

Alcume: Páramo, Secretario, Pepe Dente de Ouro
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

San Martiño de Doade, Sober
(Lugo)
- 07/11/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Facundo da Pereira, Entrimo
(Ourense)
- 25/08/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 31 anos. Irmán de Pío Rodríguez Páramo, encarcerado, e de Rosa Rodríguez Páramo, tamén encarcerada. Emigrante retornado. Secretario do Concello de Sober de 1932 a 1933.

Secretario da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Doade, da UXT.

Fuxido. Exiliado.

Cando se produce o golpe militar foxe ao monte.

Procesárono en xullo de 1937, con José-María Gayoso de la Fuente, por malversación de caudais.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1249/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 04/01/1938. Absolto neste proceso no ano 1939.

Logo pasou a Portugal. No país veciño, José Fernández González, Rizo e José Fernández Alonso, Gres, serviron de base para a supervivencia da guerrilla encabezada por Víctor García García, o Brasileiro, e os lugueses José Rodríguez Páramo, Páramo, Secretario, Pepe Dente de Ouro, e Ramón Yáñez Pereira, Enrique, Médico, antigo policía da Generalitat.

Nos primeiros anos 40 forma parte dun grupo de guerrilleiros na fronteira portuguesa, do que figuraban Ramón Yáñez Pereira e a parella de Rodríguez Páramo, Rosa Alves, a Africana.

Finou na Pereira en 1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha