Nacemento:
Morte:
Farmacéutico e político, 28 anos. Veciño de Leiro. Orfo de pai e nai, que finaran por mor da gripe de 1918. Era o maior de catro irmáns e acolleunos un parente. Estudou Farmacia e licenciouse en 1931. Farmacéutico en Leiro, presidiu o Colexio de Farmacéuticos de Ourense desde xaneiro de 1935; en 1936 reelixírono pero renunciou ao cargo.
Paseado.
Detivérono despois do alzamento militar.
Xulgado o día 19/08/1936 en consello de guerra en Ourense polo delito de excitación á rebelión, na causa 217/36, co resultado de sentenza de sobresemento e posto a disposición da autoridade gobernativa.
Os franquistas déronlle o paseo e o seu cadáver apareceu na Poza das Rodas, Ourille.
No mesmo día asasinaron a: Julio González Álvarez, Amadeo López Bello, Eloy Romero Luis e Silvio Torres Díaz; os cadáveres apareceron na Poza das Ras, en Ourille.
Procesárono en agosto de 1938 no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.