← Volver atrás

Rubio Estévez, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

San Mamede de Guillarei, Tui
(Pontevedra)

Morte:

Mondariz
(Pontevedra)
- 04/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político. Veciño de San Mamede de Guillarei.

Encarcerado. Paseado.

Detido no momento do golpe de Estado, levárano preso ao Seminario de Tui.

O día 4 de outubro os falanxistas sacárono da cadea e asasinárono nun traslado, no Alto do Confurco, preto de Mondariz, ás 06:00 h.

Nesa data e lugar pasearon a: Hipólito Gallego Camarero, mestre; Domingo Páramos Núñez, ferreiro; Manuel Pérez Besada, político; Manuel Piñeiro Zúñiga, industrial; Francisco Rodríguez Otero, farmacéutico, e Fernando Rubio Estévez, político.

Morte rexistrada nas inmediacións da vila de Mondariz, sen especificar a causa.

Os restos mortais destes homes soterráronos nunha fosa común en Mondariz o 05/10/936.

Os restos de Fernando, cos doutras 34 persoas da provincia de Pontevedra, trasladáronos ao Val dos Caídos (Madrid) o día 26/03/1959.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha