Nacemento:
Morte:
Labrego, 38 anos. Veciño de Porto co Cabo.
Fuxido. Encarcerado.
Fuxido dende o comezo da guerra en xullo de 1936.
Formou nun grupo de fuxidos na zona da Capelada, entre Cerdido e Cariño. Neste grupo estaban: José Rey Díaz, Torradas, morto en marzo de 1938; Nicasio Pérez Senra e José López Teijeiro, abatidos tamén en marzo de 1938; Manuel Orjales Bouza, Labrada, e Andrés Brañas Rodríguez, Carrizo, detidos en decembro de 1938 e condenados á pena de morte, e Manuel Santalla Orjales, detido en marzo de 1939. A súa única pretensión era a supervivencia.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 23/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
No sinalado procedemento condenaron á pena de morte a: Manuel Orjales Bouza e Manuel Santalla Orjales; pasearon a José Ambrós Gordillo; declararon fuxido a José Rey Díaz e ditaron sentenza de sobresemento para Manuel Rey Díaz.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol por roubo e o asasinato de tres homes, na causa 432/38, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento tamén castigaron coa pena de morte a Manuel Orjales Bouza.
Xulgado no ano 1939 no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 286/39, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.