← Volver atrás

Tafalla Froiz, Cándido

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Fiz de Besexos, Vila de Cruces
(Pontevedra)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 05/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 38 anos. Solteiro. Veciño da Estrada (Pontevedra). Administrador do Hotel Estrella da Estrada. Xogador de fútbol.

En 1931 era vogal da directiva do Centro Republicano da súa localidade. Despois militou en Unión Republicana (UR) na Estrada. Concelleiro da Estrada.

Executado.

Cando se produce o alzamento desprazouse o 20 de xullo a Pontevedra diante da chamada do gobernador civil, que lle entrega unha acreditación como xefe de defensa da zona norte de Pontevedra diante dos golpistas. Prendérono os fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: Ramón Fernández Rico, carpinteiro; Manuel Nogueira González, carpinteiro; José-María Pena López, industrial; Jesús-Ignacio Puente Fontanes, xastre; José Rodríguez Sangiao, ferreiro e chapista, e Cándido Tafalla Froiz, industrial. Fusiláronos aos seis en Pontevedra.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h no quilómetro 1 da Avenida de Bos Aires, en Pontevedra, na subida a Monte Porreiro.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha