← Volver atrás

Torre Fernández, Bernardino de la

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 16/02/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 31/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 26 anos. Veciño de Marín.

Militante do PSOE e membro da Sociedade de Albaneis de Marín, da UXT. Pertencía a Sociedade Cultural e Recreativa de Marín.

Executado.

Cando se produce o golpe de Estado formou parte do Comité de Defensa da República en Marín; ordenaron a requisa de armas o día 19 de xullo. No comité estaban, entre outras persoas: Antonio Blanco Solla, Santiago Ramos Ramos, Andrés Santos Rodríguez, Bernardino de la Torre Fernández, Rafael Jaén Rodríguez e Francisco Crespo.

Prendérono os fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 18/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 558/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Albino Agraso Santamaría, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández; condenas de cadea perpetua para: Enrique González Portela, Francisco-Alfredo López Crespo, Antonio Martín Hernández, Eduardo Otero Molas, Ángel Pisa Barrio, Andrés Santos Rodríguez e Enrique Toucido Pazos; pena de 20 anos de cadea para Rafael Jaén Rodríguez.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os golpistas no cuartel da Garda Civil de Pontevedra.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor de colapso cardíaco.

O día 31/12/1936 executaron en Pontevedra a: Albino Agraso Santamaría, zapateiro; Antonio Blanco Solla, canteiro; Amando Iglesias Pérez, mariñeiro; Demetrio Lorenzo Ordóñez, xornaleiro; Santiago Ramos Ramos, canteiro, e Bernardino de la Torre Fernández, albanel.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha