← Volver atrás

Torviso Arruñada, Facundo

Alcume: Electroiberia
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Principado de Asturias
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Comerciante, 35 anos. Solteiro. Veciño do Principado de Asturias. Representante de Electroiberia.

Encarcerado.

Achábase na Coruña cando se produce o golpe de Estado e regresou á súa vila natal. Xa con armas, fíxolle fronte aos sublevados na Pontenova (Lugo) e en Taramundi (Principado de Asturias). Desde o día 27/07/1936 mantívose oculto.

Acusárono da morte o día 12/08/1939 do cura de Veiga de Logares, A Fonsagrada (Lugo) e da do mestre falanxista Hermenegildo-Bienvenido Alonso Sastre o día 28/12/1939, quen fora o delator de José-María Díaz Díaz-Villamil.

Reclamado polo Xulgado Eventual Militar de Xixón (Principado de Asturias) con Justo Novo Verdes, o Novo, e Francisco Calvín López.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 18/04/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 293/40, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión temporal segundo resolución do día 26/04/1941.

Concédeselle a prisión atenuada o día 02/05/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha