Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, labrego e político, 26 anos. Casado con Manuela López Cabana, procesada por auxilio á rebelión; tiñan dous fillos. Veciños de Bañobre. Irmán de Amelia Varela Bouza, encarcerada, e de Juan Varela Bouza, fuxido e logo encarcerado.
Afiliado á CNT e do PCE de Miño.
Acusado de ser o executor do incendio da Igrexa de Santa María de Castro o día 10/04/1936 xunto co seu irmán Juan.
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
Abríronse varias causas contra el e prendérono despois do alzamento militar.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 13/11/1937 polo delito de adhesión á rebelión militar, na causa 921/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 18/11/1937.
Preso no Castelo de San Antón, na Coruña.
Na agarda do cumprimento da súa condena foxe o día 28/01/1938 con Felisardo Brandariz Souto. Serrou os barrotes do presidio cunha lima que lle fixera chegar a súa dona no medio dunha barra de pan; saltaron sobre as 19:00 h desde una fiestra. José é o primeiro en saír, a Felisardo cólleno os gardas, que o fusilaron xunto co seu pai. Pepe tirouse ao mar, cruza a ría coruñesa e logrou chegar a nado á praia do Naval, en Oleiros (A Coruña).
Agochouse preto da súa casa de Bañobre pero descubrírono os falanxistas e a Garda Civil.
Acubillouse no estaleiro de Campos con José-María Blanco Barros, Violín, e Francisco Rodríguez Maroño, Xorcar. Unha partida de falanxistas e da Garda Civil foron a por eles o día 29/03/1938 e tiráronlles bombas incendiarias. Ferido, José puido escapar pero seguíronlle o rastro polo sangue que deixaba e queimárono cando se agochaba nunha palleira á que lle puxeron lume, en Perbes. Os seus compañeiros xa morreran no anterior enfrontamento.
Xulgado en consello de guerra na Coruña pola fuxida da prisión, na causa 93/38, con Felisardo Brandariz Souto.
Á súa dona arrestárona e procesárona por auxilio á rebelión, ingresárona en Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa) e cando quedou en liberdade exiliouse en Brasil.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.