Nacemento:
Morte:
Tiña 14 anos. Casado con Carmen Filgueiras Vázquez, tamén encarcerada; tiveron un fillo e unha filla: Juan e Dolores. Veciños da Cruz de Meá, San Vicente de Meá, Mugardos. Aos 14 anos xa traballaba nunha fragua en Mugardos.
Encarcerado. Exiliado.
No devir da guerra empregouse nun taller que facía munición.
Militou nas Xuventudes Libertarias (XXLL) e no PCE desde 1949.
Nos anos corenta era enlace da guerrilla antifranquista, á que lle proporcionaba comida e apoio loxístico.
Detivérono en xullo de 1951 por acubillar a Francisco Martínez Leira, Pancho, e a outro guerrilleiro na súa casa. Con Pancho construíran no domicilio de Juan un refuxio guerrilleiro na corte.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) o día 18/03/1952, con outros 42 enlaces da guerrilla, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Botou preto de sete anos nas cadeas de Ferrol, A Coruña e Burgos.
Cando quedou en liberdade, sabendo que o perseguían os represores por comunista, marchou a Sudáfrica e, co paso do tempo, a Suíza.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.