← Volver atrás

Vega Guerrero, Antonio

Alcume: Rizoso
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Juan de la Mata, Arganza
(León)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Vilavella, Triacastela
(Lugo)
- 12/11/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 19 anos.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do golpe militar rebelde ao seu irmán Luciano asasinárono os falanxistas en Veiga de Espiñareda (León).

Logo da caída da Fronte Norte en outubro de 1937 formou parte dun grupo de 37 combatentes republicanos do Principado de Asturias que pasaron á zona de Fabero (León). Despois uniuse ao grupo de Serafín Fernández Ramón e a Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Morreu con dous compañeiros en Vilavella cando os sorprendeu a Garda Civil, despois de que os delatara un antigo compañeiro. Despois do combate, un dos catro guerrilleiros logrou fuxir gravemente ferido, era Ovidio Peláez Rodríguez, que morrería dous meses despois, o 15/01/1944, por mor das graves feridas que recibe neste enfrontamento. Os mortos en Vilavella foron: Pedro Voces Canóniga, Antonio Vega Guerrero, Rizoso, e Félix Yáñez González, Vasco.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Vilavella, Triacastela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha