← Volver atrás

Velarde Velarde, Joaquín

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda Civil. Veciño de Pontevedra. Comandante da Benemérita con destino na Comandancia de Pontevedra.

Golpista. Represor.

Cando era comandante maior da Garda Civil en Pontevedra súmase aos rebeldes. Xefe da comandancia da Garda Civil en Pontevedra desde os primeiros anos do franquismo.

Creador da Garda Cívica en Pontevedra, que sempre aparece vencellada á actividade represora nesta provincia. Quen dirixía esta Garda Cívica era o médico Víctor Lis Quibén, deputado nacional de Renovación Española (RE), que desenvolveu o cargo coa graduación de alférez.

Participou, entre outras actividades represoras, no asasinato do avogado e político pontevedrés Alberto Martínez Tiscar, a quen pasearon en Bueu (Pontevedra) o día 06/09/1936.

Participou e ordenou moitas accións represoras sobre as persoas das esquerdas na provincia de Pontevedra, para o que contou con demasiados “voluntarios”. Para tan “destacadas” misións de represalia contou co beneplácito do gobernador civil pontevedrés Ricardo Macarrón Piúdo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha