Nacemento:
Morte:
Contratista de obras e político, 35 anos. Casou en Madrid en 1929 con Mercedes Rubio. Estudou no Seminario de Lugo no curso 1913/1914.
Falanxista. Impulsor de Falanxe en Lugo no ano 1933. En 1935 era xefe provincial de Falanxe en Lugo, aínda que só no norte da provincia; no sur era xefe Mario-Benito-Nicolás González Zaera.
En 1935 tivo un altercado no bar Tupi, polo que o xulgaron con outros 15 militantes. Fundador de Falanxe Española e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalistas (FE-XONS) en Lugo, da que sería xefe provincial desde febreiro de 1936.
Represor. Axustizado.
Co golpe militar nomeárono xefe provincial de milicias, despois inspector provincial de feiras e inspector provincial de Falanxe en marzo de 1937. Sementou o terror por diversas localidades galegas e asturianas, caracterizándose pola súa crueldade.
Organizou a Bandeira Lexionaria de Lugo e participou na toma de varios pobos.
Trasladouse a Abadín, onde se fixo cunha grande propiedade en San Xoán de Romariz, ao cercar case 700 Ha do monte comunal Fraga Vella, que pertencía a veciños de cinco parroquias e da que se apropio “valéndose do medo que infundía e a violencia coa que actuaba” (Ana Cabana).
Axustizado o día 7 de abril de 1940 de varios tiros. A súa morte as autoridades franquistas atribuíronlla a Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos.
O seu pasamento abriu un proceso de represión indiscriminada contra os sectores do antifranquismo co obxectivo de sementar o terror.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.