Nacemento:
Morte:
Militar, 54 anos. Casou con María-Luisa Gómez-Jordana Sousa; tiveron dous fillos: Carlos e José-Luis. Fillo de José Villalta Riquelme, ministro de Guerra en 1919 e 1920. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo no ano 1904. Participou na Guerra de África, onde loitou desde 1909, case que vinte anos, con moitas felicitacións por méritos en combate; compartiu posicións no desembarco de Alhucemas con Francisco Franco Bahamonde, que mandaba as tropas da Lexión. Ascende a tenente coronel e envíano a Ronda (Málaga) e logo foi un dos xefes da 1ª Brigada de Montaña de Barbastro (Huesca).
Exiliado.
En xaneiro de 1936 ascende a coronel de Infantería. Ten coñecemento da preparación do alzamento militar e únese á dita proposta, como case que todos os seus familiares. Preparou a revolta en Barbastro, pero cambio de idea sen que se saiban ben os motivos e sería o responsable republicano na fronte de Huesca. Segundo a testemuña do sedicioso Emilio Mola Vidal deixou a revolta porque pediu 100.000 pesetas por unirse aos golpistas, dato que se comprobou era falso.
Loitou a favor dos leais e comandou desde finais de 1936 a 2ª División do Exército Popular da República en Cataluña. Despois combateu na fronte de Málaga e en febreiro de 1937 era o xefe do Exército do Sur, na substitución de Fernando Martínez-Monje Restoy; non puido evitar a caída de Málaga nas mans dos sediciosos.
Despois da perda da cidade malacitana xulgárono en consello de guerra os republicanos polo delito de traizón cos xenerais José Asensio Torrado, Fernando Martínez-Monje Restoy e Toribio Martínez Cabrera. Exoneráronos a finais de 1938.
Rehabilitado polos republicanos e nomeado comandante militar de Figueras (Xirona), organizou a retirada dos restos do exército republicano cara Francia. El partiu cara o país veciño o día 12/02/1939 e alí permaneceu ata xullo de 1949, cando regresou a España.
Xulgado en consello de guerra en Madrid, o 11/02/1950, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión. O día 18 de marzo dese mesmo ano indultouno Francisco Franco Bahamonde pola eximente de auxilio a persoas afíns á Causa Nacional.
Unha vez en liberdade residiu en Madrid ata o seu pasamento.
Hoxe en día segue a presentarse como dubidosa a súa inclinación nos tempos da guerra civil por algún dos dous bandos; os dous o tiveron xulgado como traidor. Algúns acúsano de quintacolumnista e de afundir as operacións republicanas nas frontes de guerra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.