← Volver atrás

Asensio Torrado, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 18/05/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Nova York
(Estados Unidos)
- 21/02/1961 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 44 anos. No ano 1907 ingresou na Academia de Infantería de Toledo, na mesma promoción que Francisco Franco Bahamonde. No ano 1917 era capitán e ingresa no Corpo de Estado Maior con destino na VIII Rexión Militar, na Coruña. Desde 1920 combateu activamente, co grao de comandante, na Guerra de Marrocos. Tenente coronel en 1924, coronel en 1927.

Encarcerado. Exiliado.

Cando comeza a guerra civil estaba en Segovia e desprazouse a Madrid para poñerse ao servizo da República e onde planea o asalto ao Cuartel da Montaña, que estaba en mans dos rebeldes.

Ascendido a xeneral de brigada en 1936, nomeárono xefe do Teatro de Operacións do Centro. Participou no fracasado intento de toma do Alcázar de Toledo e na derrota de Talavera de la Reina (Toledo).

En outubro de 1936 Francisco Largo Caballero nomeouno subsecretario do Ministerio da Guerra, sentando as bases do que logo sería Exército Popular da República. Unha campaña de difamación de comunistas, anarquistas e prietistas, que o alcumaron “el general de las derrotas”, fixeron que Largo Caballero o destituíra.

Acusado de traizón polos republicanos, sen fundamentos e con outros xenerais, detivérono, procesárono, pasou pola cadea e puxérono en liberdade en maio de 1938 ao ser sobresida a súa causa por falta de probas.

En xaneiro de 1939 nomeárono agregado militar na embaixada española en Estados Unidos.

Despois da guerra civil permaneceu en Nova York, onde exerceu de profesor de castelán e, no ano 1949, era ministro sen carteira do Goberno republicano no exilio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha