Nacemento:
Morte:
Albanel, 28 anos.
Militante da UXT e afiliado ao PCE.
Infiltrado. Encarcerado.
Despois do alzamento militar os franquistas detivérono no mes de agosto, pero logrou fuxir.
En maio de 1939 presentou ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos e amnistiárono.
Como comunista, os fascistas prendérono o día 31/08/1945 e liberárono, de xeito sospeitoso, no mes de xaneiro de 1946.
Meses despois ingresou no Destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandada Manuel Simón Campos, Xanote.
Alejo-Pablo Mora García posiblemente fora o axente infiltrado, que colaborou cos represores franquistas o día 21/05/1947, e conduciu á morte, en San Paio, Santa Cristina de Lavadores, Vigo (Pontevedra), de Avelino Otero Montes e Manuel Simón Campos. Nesta acción prenderon a Ramón Villar Paz, a Eladio Covelo Álvarez e a tres apoios.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por agresión á Garda Civil na causa 271/47.
Ramón colaborou cos represores para a aniquilación do resto dos seus compañeiros de destacamento.
Xulgado en consello de guerra na Coruña, o día 27/04/1949, polo delito de actividades subversivas co resultado de sentenza a catro anos de cadea; solicitou o indulto e os fascistas puxérono en liberdade ás poucas semanas; isto suxire que puidera ser un infiltrado na guerrilla.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.