Nacemento:
Morte:
Mineiro. Veciño de Villabuena. Compañeiro sentimental de Cesárea Fernández Ochoa, prendida cando estaba en cinta dun neno e condenada a 12 anos e un día de reclusión menor.
Dunha familia de anarcosindicalistas.
Fuxido. Executado.
Despois do golpe de Estado marchou cos seus irmáns Gumersindo, Pedro e Salvador cara o Principado de Asturias para combater contra dos fascistas.
Formou o grupo de fuxidos os Pitaciegas cos seus irmáns Pedro Voces Canóniga e Salvador Voces Canóniga. Neste grupo coincidiu con Manuel Gutiérrez Abella. Actuaban na zona de Quilós, Cacabelos (León).
Capturado en agosto de 1941, fuxiu do campo de concentración de San Marcos (León) o día 07/05/1942 e volveu reunirse cos seus irmáns.
A primeiros de 1945, co seu irmán Salvador, integrárase na III Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), que dirixía Manuel Castro Tellado e que tiña como zona de influenza o sueste da provincia de Lugo.
Xulgado en León na causa 409/37, na causa 722/38 e na causa 1858/39.
Segundo F.X. Redondo Abal, teríase rendido en agosto de 1941 cando se ferira nunha man no intre de pescar troitas con dinamita; perdería a man esquerda.
Xulgado en consello de guerra en León, o día 29/03/1943, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilaríano en León e soterrárono nunha fosa común na capital leonesa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.