Nacemento:
Morte:
Mineiro, 18 anos. Veciño de Campelo.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Despois da caída da Fronte Norte en outubro de 1937 formou parte dun grupo de 37 combatentes republicanos do Principado de Asturias que pasaron á zona de Fabero (León). Despois uniuse ao grupo de Serafín Fernández Ramón.
En marzo de 1942 participou co grupo que deu morte a seis persoas que viaxaban nunha camioneta cara a feira de Cangas de Narcea (Principado de Asturias). Despois integrouse na partida dos Pitaciegas.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 588/43.
Morreu con dous compañeiros en Vilavella cando os sorprendeu a Garda Civil, despois de que os delatara un antigo compañeiro. Despois do combate, un dos catro guerrilleiros logrou fuxir gravemente ferido, era Ovidio Peláez Rodríguez, que morrería dous meses despois, o 15/01/1944, por mor das graves feridas que recibe neste enfrontamento. Os mortos en Vilavella foron: Pedro Voces Canóniga, Antonio Vega Guerrero, Rizoso, e Félix Yáñez González, Vasco.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Vilavella, Triacastela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.