← Volver atrás

Abelenda Catoira, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Rutis, Culleredo
(A Coruña)
- 23/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico, 26 anos. Solteiro. Veciño da rúa Tren, 1 baixo, na Coruña.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e do PSOE. No ano 1930 era membro do Sindicato da Industria da Alimentación da Coruña, da CNT.

Implicado en enfrontamentos físicos cos falanxistas. Acusárono, con outros, do intento de incendio do convento-residencia dos PP Redentoristas, na rúa Marqués de Amboage, na Coruña, en marzo de 1936.

Paseado.

Asasinárono na curva de Canabal, en Rutis, no quilómetro 8 da estrada A Coruña-Santiago de Compostela.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia menínxea.

O seu cadáver apareceu en Rutis e soterrárono no cemiterio desta localidade.

Segundo auto do Tribunal de Urxencia da Audiencia Provincial da Coruña «en la mañana del 23 de septiembre último en los hectómetros 5 y 6 del kilómetro 7 de la carretera de Coruña a Santiago [Culleredo], fueron hallados los cadáveres de Juan Otero López, Manuel Abelenda Catoira y Fernando Pombo Segade, muertos a consecuencia de disparos de arma de fuego, ignorándose quién o quiénes los hicieron».

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha