Nacemento:
Morte:
Funcionario, 37 anos. Casado con Elena Ambros Iglesias. Veciños da rúa Santa Lucía, 37, na Coruña. Practicante na beneficencia municipal do Concello da Coruña.
Militante de Esquerda Republicana (ER) na cidade coruñesa. Vogal do Colexio Provincial de Practicantes da Coruña.
Depurado. Paseado.
Juan figura, con outros, nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Segundo un oficio do Goberno Civil da Coruña, do 24/08/1936, que se conserva no seu expediente persoal «se encuentra detenido desde el día 13 del actual a disposición de la Autoridad Militar […], es peligroso para el Orden Público pues se le acusa de un asalto al Palace Hotel con más individuos». Polos ditos motivos destituíuno o gobernador civil a proposta, do 01/09/1936, do comandante médico inspector provincial de Sanidade, Gabriel Alonso Pérez.
Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia menínxea por disparos de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu na curva de Canabal, na estrada A Coruña-Santiago de Compostela, preto do quilómetro 8, en Rutis. Denunciárao un coñecido médico coruñés.
Soterrárono no cemiterio de Santa María de Rutis.
Segundo auto do Tribunal de Urxencia da Audiencia Provincial da Coruña «en la mañana del 23 de septiembre último en los hectómetros 5 y 6 del kilómetro 7 de la carretera de Coruña a Santiago [Culleredo], fueron hallados los cadáveres de Juan Otero López, Manuel Abelenda Catoira y Fernando Pombo Segade, muertos a consecuencia de disparos de arma de fuego, ignorándose quién o quiénes los hicieron».
Abriuse unha causa na Coruña pola súa morte violenta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.