Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 20 anos. Solteiro. Veciño da rúa Silva de Arriba, 34, na Coruña.
Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL) e da Federación Anarquista Ibérica (FAI), dentro do grupo anarquista Nervio. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Paseado.
Nos momentos do alzamento rebelde loitou na Coruña nun grupo con Antonio Fournerakis.
Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia menínxea a causa de disparos de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu na estrada A Coruña-Santiago de Compostela, na curva de Canabal, en Rutis, co doutras dúas persoas.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Rutis.
Por mor do pasamento violento das ditas tres persoas abriuse a causa 488/36 na Audiencia Provincial da Coruña.
Segundo auto do Tribunal de Urxencia da Audiencia Provincial da Coruña «en la mañana del 23 de septiembre último en los hectómetros 5 y 6 del kilómetro 7 de la carretera de Coruña a Santiago [Culleredo], fueron hallados los cadáveres de Juan Otero López, Manuel Abelenda Catoira y Fernando Pombo Segade, muertos a consecuencia de disparos de arma de fuego, ignorándose quién o quiénes los hicieron».
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.