← Volver atrás

Álvarez Gallego, Amalia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Lugo
- 10/02/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 27/11/2001 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionaria, 30 anos. Coñeceu a Alejandro Bóveda Iglesias e casaron no mosteiro mercedario de Poio (Pontevedra) o día 20/10/1930; tiveron tres fillas e dous fillos: Xela, Alejandro, José-Luis, Loli e Amalia, desta quinta quedaba preñada cando asasinaron o seu home. Irmá de Emilio Álvarez Gallego, depurado, e de Gerardo Álvarez Gallego, exiliado. De nena trasladouse a Pontevedra coa familia. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Na Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra coñece a Bóveda.

Vítima colateral.

Despois do asasinato do seu home polos rebeldes o día 17/08/1936, tivo que encargarse da crianza dos seus cinco fillos. Estudou Maxisterio e mentres preparaba oposicións, deu clases para sobrevivir. Aprobou as oposicións de Facenda e destinárona a Cádiz; deixou os seus fillos a cargo de familiares. Máis tarde obtivo destino en Pontevedra, aínda que tivo dificultades para conseguir o certificado de adhesión ao Réxime para que se lle permitira ocupar a súa praza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha