← Volver atrás

Arregui Azcárate, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 24 anos. Mariño da Armada, cabo de electricidade do Submarino B-6.

Encarcerado. Exiliado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena conmutada pola de cadea perpetua.

A dotación deste submarino sofre as seguintes represalias dos franquistas:

O día 3 de novembro executaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol os seguintes tripulantes do Submarino B-6: Juan Cumbrera González, 35 anos, 2º maquinista; Pedro-Antonio Vera Rodríguez, 27 anos, fogueiro; José Chorro Muñoz, 29 anos, cabo de artillería; José Navarro Díaz, 36 anos, fogueiro; Teodoro López Camazón, 34 anos, auxiliar 1º electricista; Fernando de la Pascua Galiano, 30 anos, 3º maquinista; José Guerrero Giménez, 30 anos, auxiliar 2º radiotelegrafista; Andrés Navarro Barcelona, 29 anos, 3º maquinista; Víctor Bermúdez Bouza, 36 anos, auxiliar 2º de máquinas, e Luis Preciados Rodríguez, 23 anos, cabo.

Castigaron a cadea perpetua a: Luciano Amado Muíños, 25 anos, cabo radiotelegrafista; Antonio Arregui Azcárate, 24 anos, cabo electricista; Vicente Carreño González, 23 anos, mariñeiro de 2ª; Martín Hernández Jerez, 23 anos, mariñeiro de 2ª; José Piñeiro Alonso, 24 anos, mariñeiro de 1ª; Remigio Rodal García, 20 anos, mariñeiro de 2ª; Laureano Rodríguez Fernández, 31 anos, auxiliar 2º naval, e Lázaro Tudela García, 23 anos, mariñeiro enfermeiro.

Estivo interno no Penal de La Casería de Ossio, San Fernando (Cádiz).

No ano 1948 exiliouse en Guatemala.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha