Nacemento:
Morte:
Panadeiro, 23 anos. Veciñ de Totana (Murcia). Mariño da Armada, mariñeiro pola súa quinta nun torpedeiro e, co tempo, do Submarino B-6.
Encarcerado.
Cando no decorrer da guerra se dirixían no submarino cara Bilbao (Biscaia) atacáronos buques da mariña rebelde (Galicia, Velasco e Ciriza), tiveron que renderse e prendéronos.
Ingresáronos na prisión da Escollera, en Ferrol (A Coruña).
Xulgado en consello de guerra na Escola de Máquinas de Ferrol, o día 14/10/1936, polo delito de sedición co resultado de sentenza a cadea perpetua.
O día 3 de novembro executaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol os seguintes tripulantes do Submarino B-6: Juan Cumbrera González, 35 anos, 2º maquinista; Pedro-Antonio Vera Rodríguez, 27 anos, fogueiro; José Chorro Muñoz, 29 anos, cabo de artillería; José Navarro Díaz, 36 anos, fogueiro; Teodoro López Camazón, 34 anos, auxiliar 1º electricista; Fernando de la Pascua Galiano, 30 anos, 3º maquinista; José Guerrero Giménez, 30 anos, auxiliar 2º radiotelegrafista; Andrés Navarro Barcelona, 29 anos, 3º maquinista; Víctor Bermúdez Bouza, 36 anos, auxiliar 2º de máquinas e Luis Preciados Rodríguez, 23 anos, cabo.
Condenaron a cadea perpetua a: Luciano Amado Muíños, 25 anos, cabo radiotelegrafista; Antonio Arregui Azcárate, 24 anos, cabo electricista; Vicente Carreño González, 23 anos, mariñeiro de 2ª; Martín Hernández Jerez, 23 anos, mariñeiro de 2ª; José Piñeiro Alonso, 24 anos, mariñeiro de 1ª; Remigio Rodal García, 20 anos, mariñeiro de 2ª; Laureano Rodríguez Fernández, 31 anos, auxiliar 2º naval e Lázaro Tudela García, 23 anos, mariñeiro enfermeiro.
Casou no ano 1946 con María-Jesús Carlos Alcón; tiveron catro fillos varóns: José, Ginés, Vicente e Jesús-Juan.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.