← Volver atrás

Barreiro Cestay, Salvador

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bueu
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e viaxante, 24 anos. Casado con Josefa. Veciños de Bueu.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU). Contador de Unión Conserveira La Prosperidad.

Encarcerado.

O día 03/09/1936 detiveron por reunión clandestina aos sindicalistas: Salvador Barreiro Cestay, mariñeiro; José Bernárdez Santaclara, zapateiro; Eugenio Dios González, mecánico; Jesús Malvido Menduiña, carpinteiro; Francisco Padín Novas, mariñeiro; Manuel Pais Refojos, mecánico, e José Rivero Novas, zapateiro.

Xulgado en concello de guerra en Pontevedra, o día 22/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 22/12/1936.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O día 16/05/1937 ingresárono no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).

Implicado no intento de fuxida masiva do penal de San Cristóbal do día 22/05/1938, capturárono os requetés o día 01/06/1938, entre Juslapeña (Navarra) e Odieta (Navarra).

Trasladado a Prisión Provincial de Pontevedra o día 05/01/1942 e devolto a Pamplona o día 23/02/1942.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de Navarra en decembro de 1942 pola de catro anos e dous meses.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha