← Volver atrás

Padín Novas, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Bueu
(Pontevedra)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 35 anos. Solteiro. Veciño de Bueu.

Militante da UXT. Presidente da sociedade El Adelanto Marinero de Bueu. No ano 1936 era concelleiro de Bueu pola coalición da Fronte Popular (FP).

Encarcerado. Sancionado.

O día 03/09/1936 detiveron por unha reunión clandestina aos sindicalistas: Salvador Barreiro Cesta, mariñeiro; José Bernárdez Santaclara, zapateiro; Eugenio Dios González, mecánico; Jesús Malvido Menduiña, carpinteiro; Francisco Padín Novas, mariñeiro; Manuel Pais Refojos, mecánico, e José Rivero Novas, zapateiro.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de adhesión á rebelión, na causa 1308/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937. Participou no intento de fuga masiva desta prisión do día 22/05/1938 e capturárono forzas militares o día 23.

Concédeselle a prisión atenuada o día 07/09/1940.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra, en decembro de 1942, pola de catro anos de prisión menor.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha