← Volver atrás

Dios González, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea

Nacemento:

Santa Cristina de Lavadores, Vigo
(Pontevedra)
- 20/03/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 22/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico, 29 anos. Solteiro. Veciño de Bueu (Pontevedra). Encargado na fábrica de conservas de Antonio Alonso.

Militante da UXT, do PSOE e presidente do Sindicato Metalúrxico de Bueu.

Encarcerado. Sancionado. Morte na cadea.

O día 03/09/1936 detiveron por reunión clandestina aos sindicalistas: Salvador Barreiro Cestay, mariñeiro; José Bernárdez Santaclara, zapateiro; Eugenio Dios González, mecánico; Jesús Malvido Menduiña, carpinteiro; Francisco Padín Novas, mariñeiro; Manuel Pais Refojos, mecánico, e José Rivero Novas, zapateiro.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 22/12/1936, polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua e a inhabilitación absoluta.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal de San Cristóbal, onde ingresa o 16/05/1937; morte rexistrada nesta cadea no desenvolvemento do intento de fuga masiva dos presos deste penal; morto a mans da forza pública encargada da súa captura. Semella que xa estaba moi enfermo por mor da tuberculose.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha