← Volver atrás

Barreiro González, Josefa

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada

Nacemento:

Santiago do Carril, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
- 19/03/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrega e limpadora de casas, 26 anos. Casada co anarcosindicalista e mariño mercante José Tobío, sobriño da libertaria Olivia Tobío; tiveron dous fillos: Julio e Valentín. Veciños de Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa.

Militante da CNT.

Executada.

Despois do golpe militar e pola mediación da súa tía política Olivia Tobío, agochou na súa casa a un amigo do seu home, un anarcosindicalista de 26 anos, Urbano Tarrío Montero, de Rubiáns, ao que buscaban os fascistas para asasinalo.

O seu home xa tiña fuxido a Francia, onde tempo andado se reuniría cos seus fillos.

A Garda Civil e falanxistas veciños presentáronse na súa casa o día 17/03/1937, asasinaron a Urbano sen máis miramentos e detiveron a Josefa, á que levaron aos locais de Falanxe onde a torturaron e déronlle tal malleira que a deixaron medio morta.

Fusilárona “como incursa en un delito de guerra”.

Para fusilala, por mor do seu estado, tiveron que sentala nunha cadeira e despois de cribala a tiros deixárona morta no mesmo lugar.

Soterrárona nunha fosa común en Vilagarcía de Arousa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha