Nacemento:
Morte:
Mariño mercante. Casado coa labrega e limpadora de casas Josefa Barreiro González; tiveron dous fillos: Julio e Valentín. Veciños de Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Pascual era sobriño da militante da CNT Olivia Tobío.
Anarcosindicalista.
Fuxido. Exiliado.
Aos poucos días de producirse o alzamento logrou exiliarse en Francia, país no que solicitou emigrar a México.
Despois do dito golpe militar e pola mediación da súa tía política Olivia Tobío, a súa dona agochou na súa casa a un compañeiro de José, anarcosindicalista de 26 anos, Urbano Tarrío Montero, de Santa María de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa, ao que buscaban os fascistas para asasinalo.
Os falanxistas presentáronse na súa casa e asasinaron a Urbano sen máis miramentos. Detiveron a Josefa á que levaron aos locais de Falanxe, onde a torturaron e déronlle tal malleira que a deixaron medio morta. Para fusilala, por mor do seu estado, tiveron que sentala nunha cadeira e despois de cribala a tiros deixárona morta no mesmo lugar.
Asasinada a súa dona, os fillos reuníronse con el en Francia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.