← Volver atrás

Tarrío Montero, Urbano

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa
- 16/03/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e sindicalista, 26 anos. Veciño de Rubiáns. Labrego por conta allea.

Militante da Federación Local da CNT en Vilagarcía de Arousa.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do golpe militar rebelde Rodrigo Beruete Alejandre fuxiu e organizou un grupo guerrilleiro, nos montes Xiabre e Lobeira; grupo que inicialmente formaron: Rodrigo Beruete Alejandre, Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras e Serafín Brea Otero. Logo incorporáronse ademais: Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio-Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.

Despois do golpe militar e pola mediación da súa tía política Otilia Tobío, Josefa Barreiro González, labrega e limpadora de casas, agochou na súa casa de Santiago de Carril a un compañeiro anarcosindicalista de 26 anos, Urbano Tarrío Montero, ao que buscaban os falanxistas e os gardas cívicos para asasinalo.

Os falanxistas, que mandaba Mouriño, presentáronse na casa de Josefa, asasinaron a Urbano sen máis miramentos e detiveron á dona á que levaron aos locais de Falanxe, onde a torturaron e déronlle tal malleira que a deixaron medio morta. Para fusilala e por mor do seu estado, tiveron que sentala nunha cadeira e despois de cribala a tiros deixárona morta no mesmo lugar o seguinte día 19.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión, suspendéronse as actuacións por morte en “acción de guerra” en Vilagarcía de Arousa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha