← Volver atrás

Baamonde García, Francisco

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

San Xens de Bamio, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 24/04/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel e sindicalista, 23 anos. Casado; tiñan dous fillos.

Membro do sindicato Protección de Obreiros de Mar e Terra, da CNT, de Bamio.

Os franquistas acusárono de ser comunista.

Fuxido.

Despois do golpe militar rebelde foxe ao monte.

Rodrigo Beruete Alejandre fuxiu ao monte e organizou un grupo guerrilleiro nos montes Xiabre e Lobeira, na comarca do Salnés (Pontevedra); grupo que inicialmente formaron Rodrigo Beruete Alejandre, Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras e Serafín Brea Otero; logo incorporáronse ademais Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio-Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.

Perseguidos pola Garda Civil, o exército, os carabineiros, as milicias de Falanxe e a Garda Cívica de Vilagarcía de Arousa, 0 13/02/1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña, Vilagarcía de Arousa, onde varios membros da partida estaban refuxiados e que conseguiron fuxir. Na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e, Ángel Buceta Loroño, ferido, entregouse e as súas declaracións conduciron á detención de Francisco Baamonde.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 22/07/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 288/37, co resultado de sentenza á pena de morte, igual que Ángel Buceta Loroño.

Executounos unha sección da Garda de Asalto ás 06:00 h na Avenida de Bos Aires, en Pontevedra.

Morte rexistrada en Pontevedra por ferida de arma de fogo.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no ano 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha