Nacemento:
Morte:
Obreira e sindicalista, 41 anos. Veciña de Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa. Obreira dos arames na Empresa Vasco-Galaica.
Afiliada ao Sindicato de Metalúrxicos de Vilagarcía de Arousa, da CNT.
Morte en enfrontamento.
Despois do golpe militar rebelde Rodrigo Beruete Alejandre fuxiu ao monte e organizou un grupo guerrilleiro nos montes Xiabre e Lobeira e no que inicialmente formaron: Rodrigo Beruete Alejandre, Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras e Serafín Brea Otero. Logo incorporáronse ademais Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio-Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.
O día 13/02/1937 ao seu grupo cercárano na casa de Pilar Fernández Seijo, en Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa, forzas da Garda Civil, do Exército, do Corpo de Carabineiros, das milicias de Falanxe e da Garda Cívica de Vilagarcía de Arousa. Conseguiron fuxir, pero na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta Loroño entrégase aos represores ao día seguinte.
Ao resto do grupo cercárono de novo o día 16/02/1937 nunha casopa de Loenzo. As forzas represoras incendiaron a caseta de barro e palla e finaron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Antonio Sayanes e Manuel Limeres. Dise que diante do incendio, os refuxiados suicidáronse; testemuñas indican que se oíron catro tiros.
Soterráronos nunha fosa común en Rubiáns.
Este suceso rexistrouse como acción de guerra.
Xulgárona despois de morta polo delito de rebelión e suspendéronse as actuacións.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.