← Volver atrás

Beruete Alejandre, Rodrigo

Alcume: o Xitano
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Loenzo, Santa María de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa
- 16/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e sindicalista, 33 anos. Estaba casado con Pepiña a Pega. Loiou nas campañas de África.

Pertencía á Federación Local da CNT de Vilagarcía de Arousa. Militante socialista,

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do golpe militar rebelde Rodrigo Beruete fuxiu ao monte e organizou un grupo guerrilleiro, nos montes Xiabre e Lobeira, no que inicialmente formaron: Rodrigo Beruete Alejandre, Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras e Serafín Brea Otero. Máis tarde incorporáronse ademais Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio-Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.

En agosto de 1936 reclamouno o xuíz militar de Vilagarcía de Arousa polo delito de secuestro.

O día 13/02/1937 cercaron o seu grupo na casa de Pilar Fernández Seijo, en Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa, por forzas da Garda Civil, do Exército, dos Carabineiros, das milicias de Falanxe e da Garda Cívica de Vilagarcía de Arousa. Conseguiron fuxir, pero na persecución morre Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta Loroño entrégase ao día seguinte.

O grupo volve ser cercado o día 16/02/1937 nunha casopa de Loenzo por or dunha delación. As forzas represoras incendiaron a caseta de barro e palla; morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Antonio Sayanes e Manuel Limeres. Dise que diante do incendio, os refuxiados suicidáronse; testemuñas indican que se oíron catro tiros. Soterráronos nunha fosa común en Rubiáns.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, as actuacións suspendéronse ao coñecerse que, no decorrer da súa fuxida, rexistrárase a súa morte en Vilagarcía de Arousa a causa de guerra coa forza pública franquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha