← Volver atrás

Buceta Loroño, Ángel

Alcume: o Campaña
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 17/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e sindicalista, 19 anos. Solteiro. Veciño de Vilagarcía de Arousa.

Fuxido. Executado.

Escapa para o monte polo medo a que o prenderan os franquistas. Estivo agochado na parroquia de Santa María de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa; a primeiros de 1937 integrouse no grupo de Beruete.

Despois do golpe militar rebelde Rodrigo Beruete Alejandre fuxiu ao monte e organizou un grupo guerrilleiro nos montes Xiabre e Lobeira; grupo que inicialmente formaron: Rodrigo Beruete Alejandre, Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras e Serafín Brea Otero. Logo incorporáronse ademais: Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio-Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.

O día 13/02/1937 cercaron o seu grupo na casa de Pilar Fernández Seijo, en Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa, forzas da Garda Civil, do Exército, do Corpo de Carabineiros, das milicias de Falanxe e da Garda Cívica de Vilagarcía de Arousa. Conseguiron fuxir, pero na persecución dérenllo morte a Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta Loroño, ferido, entregouse dos días despois no cuartel e internárono no Hospital de Pontevedra ata o 31 de marzo seguinte. A súa declaración provocou a detención de Francisco Baamonde García.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 22/07/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 288/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

No mesmo proceso tamén condenaron á pena de morte a Francisco Baamonde García.

Fusilouno unha sección da Garda de Asalto ás 06:00 h na Avenida de Bos Aires, en Pontevedra, con Francisco Baamonde.

Morte rexistrada en Pontevedra por ferida de arma de fogo.

No ano 1940 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha