← Volver atrás

Limeres Ordóñez, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Loenzo, Santa María de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa
- 16/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e sindicalista, 28 anos. Veciño de Vilagarcía de Arousa.

Membro da UXT e do PCE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Os franquistas acusárono do asalto ao Club de Regatas de Vilagarcía de Arousa.

Despois do golpe militar rebelde Rodrigo Beruete Alejandre foxe ao monte e organizou un grupo guerrilleiro nos montes Xiabre e Lobeira, no que inicialmente formaron: Rodrigo Beruete Alejandre, Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras e Serafín Brea Otero. Logo incorporáronse ademais Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio-Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.

O día 13/02/1937 ao grupo cercárono na casa de Pilar Fernández Seijo, en Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa, forzas da Garda Civil, do Exército, do Corpo de Carabineiros, das milicias de Falanxe e da Garda Cívica de Vilagarcía de Arousa. Conseguiron fuxir, pero na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta Loroño entrégase ao día seguinte.

Ao grupo volvérono a arrodear o día 16/0/1937 nunha casopa de Loenzo. As forzas represoras incendiaron a caseta de barro e palla e morreron carbonizados: Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Antonio Sayanes e Manuel Limeres. Dise que diante do incendio os refuxiados suicidáronse; testemuñas indican que se oíron catro tiros.

Soterráronos nunha fosa común en Rubiáns.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, suspéndense as actuacións ao informarse da súa morte en acción de guerra coa Forza Pública en Vilagarcía de Arousa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha