← Volver atrás

Barreiro Núñez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fogueiro, 53 anos. Veciño da rúa Muíños, 27 baixo, na Coruña.

Fuxido. Encarcerado. Sancionado.

Foxe o día 11/01/1938 desde A Coruña cara Francia no vapor de pesca Malenchu.

Entre os fuxidos estaban os noieses: Evaristo Carollo Miguens, mariñeiro; José Fernández Caneiro, cociñeiro; Alfredo Güeto Lojo, mariñeiro; Ricardo Nine Caamaño; Julio Patiño Villar, patrón de cabotaxe e Enrique Santamaría Míguez, mariñeiro. Os coruñeses: Manuel Barreiro Núñez, fogueiro e Eduardo Montemuíño Carracelas. De Ribeira eran: José García Sobrido e Marcelino Suárez Vidal, mariñeiro. Tamén fuxía Manuel Fraguela Santiago, de Cariño.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de adhesión á rebelión (desaparición do vapor de pesca Malenchu) co resultado de sentenza a dez anos e un día de prisión e multa de 30000 pesetas.

Pena conmutada pola de catro anos e un día en setembro de 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha