← Volver atrás

Fernández Caneiro, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Noia
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Cociñeiro, 28 anos. Veciño de Ponte, Santa Cristina de Barro, Noia.

Fuxido. Encarcerado. Sancionado.

Foxe o día 11/01/1938 desde A Coruña cara Francia no vapor de pesca Malenchu.

Entre os fuxidos estaban os noieses: Evaristo Carollo Miguens, mariñeiro; José Fernández Caneiro, cociñeiro; Alfredo Güeto Lojo, mariñeiro; Ricardo Nine Caamaño; Julio Patiño Villar, patrón de cabotaxe, e Enrique Santamaría Míguez, mariñeiro. Os coruñeses: Manuel Barreiro Núñez, fogueiro, e Eduardo Montemuíño Carracelas. De Ribeira (A Coruña) eran: José García Sobrido e Marcelino Suárez Vidal, mariñeiro. Tamén fuxía Manuel Fraguela Santiago, de Cariño (A Coruña).

Despois pasou á zona republicana.

Capturado polos franquistas e ingresado no campo de concentración de Mallorca.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión (desaparición do Malenchu) co resultado de sentenza a 14 anos de prisión.

Pena conmutada en setembro de 1940 e indultado en maio de 1950.

Sancionado cunha multa de 30.000 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha