Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 18 anos. Veciño de Corrubedo.
Fuxido. Sancionado. Exiliado. Encarcerado.
Foxe o día 11/01/1938 desde A Coruña cara Francia no vapor de pesca arrastreiro Malenchu.
Entre os fuxidos contábanse os noieses: Evaristo Carollo Miguens, mariñeiro; José Fernández Caneiro, cociñeiro; Alfredo Güeto Lojo, mariñeiro; Ricardo Nine Caamaño; Julio Patiño Villar, patrón de cabotaxe, e Enrique Santamaría Míguez, mariñeiro. Os coruñeses: Manuel Barreiro Núñez, fogueiro, e Eduardo Montemuíño Carracelas. De Ribeira (A Coruña) eran: José García Sobrido e Marcelino Suárez Vidal, mariñeiro. Tamén fuxía Manuel Fraguela Santiago, de Cariño (A Coruña).
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión (desaparición do Malenchu) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Sancionado cunha multa de 30.000 pesetas.
Exiliouse en Francia e pasou por un campo de refuxiados de Bordeos.
Preso dos nazis alemáns, en outubro de 1940 ingresárono en Zagan satalg VIII-C (Polonia), pasou por Tréveris (Alemaña) e o día 25/01/1941 chegou ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria).
Liberado polos aliados o día 05/05/1945.
Quedou a vivir en Francia e regresou a Corrubedo no ano 1970.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.