← Volver atrás

Barrié de la Maza, Pedro

Alcume: I Conde de Fenosa
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 17/12/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 14/03/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Banqueiro e empresario, 47 anos. Casado con Amalia Torres Sanjurjo (+1952). Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña. En 1915 incorpórase como socio ao Banco Pastor. No ano 1931 era conselleiro da Sociedad Gallega de Electricidad.

Colaboracionista.

Fíxose co control do Banco Pastor en 1936 e sería un dos principais afianzadores do Fronte Nacional (FN); apoiou ao bando rebelde durante a Guerra Civil Española.

Co paso do tempo chegou a controlar a maioría dos sectores económicos de Galicia. Desde 1939, cando morre Ricardo Rodríguez Pastor, e ata 1971 dirixiu o Banco Pastor.

En 1943 creou a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A. (FENOSA), que xurdía da unión da Fabrica Coruñesa de Gas y Electricidad, que xa era da súa propiedade, con Electra Popular Coruñesa, que os franquistas lle expropiaran a, entre outros, José Miñones Bernárdez, republicano fusilado o día 02/12/1936.

Tamén presidiu, entre outras mercantís, Astilleros y Talleres del Noroeste (Astano) desde o ano 1948 ata 1961. Presidente da Xunta de Obras do Porto de Coruña de 1944 a 1971.

Desde o día 05/12/1938 promoveu, co gobernador civil da Coruña Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, a adquisición mediante subscrición popular do Pazo de Meirás para agasallar a Francisco Franco Bahamonde, do que era amigo persoal. Barrié representou legalmente a Franco na dita transacción.

No ano 1955 Franco noméao I Conde de Fenosa.

Segundo certas fontes, no ano 1958 resultou “afortunado” cunha suma enorme de cartos con un premio da Lotería Nacional (tiña seis das sete series) e que algúns sinalan que fora amañado.

En 1966 casou con Carmela Arias Díaz de Rábago.

Segundo outras fontes FENOSA non xorde da fusión de Fábrica Coruñesa de Gas y Electricidad con Electra Popular Coruñesa, senón que se crea ex-novo. As mesmas fontes sinalan que a Electra Popular Coruñesa, que seica perdurou ata 1948, absorvea FENOSA no ano 1955, que se fai cos seus activos.

O autor Diego Rodríguez González mantén que, no ano 1939, Pedro Barrié sucede na presidencia do Banco Pastor ao seu tío Ricardo Rodríguez Pastor; moitos dos cargos e empregados deste banco comprometéranse coa República e afiliados á UXT; as depuracións que se fixeron sobre deste persoal serían o resultado da aplicación da Lei de Orde Pública e non iniciativa do banco. Tamén manifesta Rodríguez González que, nun principio, estes banqueiros non apoiaron a sublevación, que os franquistas multaron a tío e sobriño con 10.000 pesetas a cada un e que Rodríguez Pastor estivo en liberdade baixo fianza ata finais de 1937; a colaboración posterior do banco debeuse, segundo esta fonte, a un "espíritu de supervivencia" e ao medo a represión por "falta de entusiamo na colaboración".

 

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.