Nacemento:
Morte:
Político. Veciño de Boimorto.
Militante do PSOE. Foi 1º tenente de alcalde da Corporación de Boimorto en 1931 e 1932. Concelleiro de Boimorto polo PSOE cando se produce o golpe de 1936.
Entre outras persoas, tiña como compañeiros de corporación a: Pedro López Bodelo (alcalde), encarcerado; José Tojo García, asasinado; Ramón Vázquez Garea, asasinado; Manuel Espiñeira López, asasinado; Antonio Felpete Budiño, asasinado; José Barreiro Pérez, asasinado; Juan Martínez Bao, asasinado; Ramón Enjamio Pombo, asasinado; Ramón Sánchez Rapela, asasinado.
Fuxido.
Despois do triunfo da sublevación militar agochouse.
Entrou na lista dos 17 de Emilio Freire, cura de San Miguel de Boimil e de San Martiño de Andavao, as dúas en Boimorto. Convocado polos falanxistas á reunión preto da escola da Gándara, Santiago de Boimorto, Boimorto.
Foi o único supervivente dos fusilamentos do Amenal, Santa María de Castrofeito, O pino (A Coruña), do 20 de agosto, cando morreron os outros cinco compañeiros do paseo. Os falanxistas dérono por morto entre os restos ensanguentados dos seus compañeiros; logo pediu axuda a uns labregos que facía a malla para que lle curasen unha ferida de bala que tiña nunha perna; sacáronlle a bala cun fouciño.
Escapou do lugar dos feitos e andou uns 40 quilómetros. Agachouse durante dous anos nunha cheminea. Tentou suicidarse en tres ocasións. Para mala sorte morreu 15 anos despois do asasinato dos seus camaradas, feito que nunca puido esquecer e superar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.