← Volver atrás

Espiñeira López, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Bertomil, San Pedro de Brates, Boimorto
(A Coruña)

Morte:

Lapido, San Xoán de Ortoño, Ames
(A Coruña)
- 20/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político. Veciño de Bertomil.

Concelleiro polo Partido Republicano Radical (PRR) nas corporacións de Boimorto de 1931 e 1932. Foi 2º tenente de alcalde polo PSOE en 1935. Concelleiro de Boimorto polo Partido Radical Demócrata (PRD, dereitista independente) cando se produce o golpe de Estado de 1936.

Entre outras persoas, tiña como compañeiros na Corporación de Boimorto de 1936 a: Pedro López Bodelo (alcalde), encarcerado; José Cabanas Vázquez, encarcerado; José Tojo García, asasinado; Ramón Vázquez Garea, asasinado; Antonio Felpete Budiño, asasinado; José Barreiro Pérez, asasinado; Juan Martínez Bao, asasinado; Ramón Enjamio Pombo, asasinado; Ramón Sánchez Rapela, asasinado.

Paseado.

Entrou na lista dos 17 de Emilio Freire, cura de San Miguel de Boimil e de San Martiño de Andavao, as dúas en Boimorto. Convocado polos falanxistas á reunión preto da escola da Gándara, Santiago de Boimorto, Boimorto. Nunca se soubo ben o porqué. Era das dereitas e no seu cadáver atopouse un escapulario.

Morte rexistrada nas Voltas do Lapido a causa de fractura do cranio irradiado na base con destrución de masa cerebral.

Soterrárono nunha fosa común en Ortoño. Inscrito como un cadáver descoñecido e identificado o día 26/01/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha