← Volver atrás

Calviño Varela, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido
- 05/11/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 08/04/2005 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casou en San Xoán de Pravio, Cambre (A Coruña) o día 16/04/1937 co cobrador do gas José Abella Galán, Galán; tiveron dúas fillas e dous fillos: María del Carmen, Maruja, Luis e Francisco. Veciños da Coruña. O seu home traballou na Fábrica de Gas da Coruña como cobrador.

José en 1932 era vogal da Sociedade de Obreiros Gasistas, Electricistas, Augas e semellantes; en 1933 do Sindicato de Camareiros Terrestres, da CNT; vogal segundo do Casino Republicano coruñés en decembro de 1933; militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e, despois, de Esquerda Republicana (ER).

Vítima colateral.

Despois da revolta militar a José acusárono de ser unha das persoas máis afectas ao gobernador civil Francisco Pérez Carballo; semella que no ano 1937 desaparece; segundo fontes familiares prendérono as milicias armadas Caballeros de La Coruña ou os japistas a altura do actual nº 54 da rúa da Torre, na Coruña; paseárono, pero non aparece nas listaxes oficiais de fusilados nin na de desaparecidos; existe unha ficha policial do día 11/01/1938 na que se sinala como morto “al intentar fugarse”, segundo un informe da Garda Civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha