Nacemento:
Morte:
Cobrador, 36 anos. Casou en San Xoán de Pravio, Cambre, o día 16/04/1937 con Carmen Calviño Varela; tiveron dúas fillas e dous fillos: María del Carmen, Maruja, Luis e Francisco. Veciños da rúa da Torre, 33, na Coruña. Era o máis pequeno de seis irmáns. Traballou na Fábrica de Gas da Coruña como cobrador.
En 1932 era vogal da Sociedade de Obreiros Gasistas, Electricistas, Augas e semellantes; en 1933 do Sindicato de Camareiros Terrestres, da CNT; vogal segundo do Casino Republicano coruñés en decembro de 1933. Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e, despois, de Esquerda Republicana (ER), da que era vicesecretario da Agrupación da Coruña no ano 1935 e pola que foi elixido compromisario para a elección do presidente da República Manuel Azaña Díaz.
Paseado. Desaparecido.
Despois da revolta militar acusárono de ser unha das persoas máis afectas ao gobernador civil Francisco Pérez Carballo.
Semella que no ano 1937 desaparece. Segundo fontes familiares prendérono as milicias armadas Caballeros de La Coruña ou os japistas a altura do actual nº 54 da rúa da Torre, na Coruña.
Paseárono, pero non aparece nas listaxes oficiais de fusilados nin na de desaparecidos.
Existe unha ficha policial do día 11/01/1938 na que se sinala como morto “al intentar fugarse”, segundo un informe da Garda Civil.
Segundo a base de datos Nomes e Voces tiña como alcume Galán. Outras fontes sinalan que só era o seu segundo apelido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.