← Volver atrás

Cánovas Lacruz, Enrique

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 29/06/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 13/10/1965 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 59 anos. O día 23/09/910 casou con Concepción Curbera Vicuña (+1933). Ingresou na Academia Militar de Infantería de Toledo en agosto do ano 1892 e participou nas campañas de Cuba en 1898. No ano 1920 destínano á Coruña onde pasará o que lle queda de carreira militar. Ascendeu a coronel de Enxeñeiros en 1931.

No ano 1929 foi deputado provincial.

Golpista. Represor.

Cando se produce o golpe dos rebeldes era coronel e xefe da Comandancia de Fortificacións e Obras da VIII División Orgánica (Comandancia de Obras). Uniuse aos rebeldes na Coruña e asumiu o mando nos primeiros momentos (segundo algunhas fontes por mor da súa antigüidade no Exército). Decretou e asinou a declaración do estado de guerra na cidade herculina o día 20 de xullo; os seus compañeiros nomeárono comandante militar por ser o de maior antigüidade. Coas súas ordes conseguiu que o golpe tamén triunfara en Vigo (Pontevedra) e coordinou nos primeiros días a sublevación nas guarnicións galegas.

Co triunfo da sublevación designárono comandante militar da praza da Coruña. Vogal e presidente de tribunais en varios consellos de guerra, que tiveron como resultado o fusilamento e encarceramento de persoas fieis ao Goberno republicano. Entre as súas vítimas figuran José Miñones Bernárdez, o alcalde de Lavadores e o gobernador civil de Ourense.

O día 02/05/1936 substituíno o xeneral Carlos Bosch Bosch, procedente de León. El continuou como gobernador militar da Coruña.

En xaneiro de 1937 ascéndeno a xeneral de brigada e durante a guerra a xeneral de división. Director xeral da Garda Civil de 1942 a xullo de 1943.

Participou e formou parte dos tribunais contra os represaliados. Nunca sentiu pesar, desgusto ou remordemento, entón ou máis tarde, polo sucedido. Asasinaron con premeditación e aleivosía, ditando sentenzas inxustas e egoístas para “salvar la religión y el orden social”.

Existen fontes que sinalan que protexeu e evitou o paseo de certas persoas das esquerdas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.