Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, 34 anos. Veciño de Viveiro.
Membro da UXT. Militante do PCE. Concelleiro de Viveiro en 1936 polo PCE, dentro da coalición da Fronte Popular (FP).
Fuxido. Exiliado.
Cando se produce o alzamento militar foxe ao monte.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar o día 12/11/1936, na causa 927/36, con outros dous veciños de Viveiro e co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
No proceso que nos ocupa condenaron a cadea perpetua a: Guillermo Arenas Casal e Juan Fernández Quelle, e declararon fuxido a José Castro Vázquez.
Xulgado en consello de guerra polo delito de sedición, na causa 949/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía, segundo resolución do día 15/11/1936.
Neste proceso ditáronse as seguintes sentenzas: condenas á pena de morte para: Marcelino Albo Meitín e Emilio-Manuel Timiraos Cervo; cadea perpetua para: José Chao Rivera e Jesús López Suárez; sentenza de sobresemento provisorio para Manuel del Valle Fernández e, a José Castro Vázquez, declarárono fuxido.
Incorporouse á Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), formando parte do grupo que encabezaba Luis-María Trigo Chao, Gardarríos.
Foxe clandestinamente á República Arxentina e, despois, a Venezuela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.