Nacemento:
Morte:
Tipógrafo e obreiro da construción, 34 anos. Veciño da Coruña. Irmán de Marcial Cheda Magallart, encarcerado.
Anarcosindicalista. Membro do Comité da Confederación Rexional Galaica (CRG). Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Vicepresidente, antes presidente, do Sindicato de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción da Coruña, da CNT.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o movemento golpista loitou contra os militares sublevados nas rúas da zona de Santa Lucía, A Coruña.
Luis figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de traizón co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Detivérono nas redadas contra das organizacións clandestinas libertarias da Coruña despois da caída de José Brandariz Ramos e Jaime Baella Pérez. Prendérono nunha casa refuxio na rúa Matadoiro, 34, da Coruña, nunha redada contra unha reunión clandestina; el acabou morto e os outros nove detidos e, co tempo, condenados á pena de morte.
Morte rexistrada na Coruña, sobre ás 02:00 h, na estrada A Coruña-Arteixo e a causa de dous tiros de arma de fogo con graves lesións cerebrais e torácicas. Asasinato xustificado coa aplicación da Lei de Fugas polo seu suposto intento de fuxida cando ían buscar outros sospeitosos.
Soterrárono o día 24 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.