← Volver atrás

Comesaña Pérez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pasaxe, Santa Mariña de Vincios, Gondomar
(Pontevedra)
- 06/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 32 anos. Casado con Carmen Rodríguez, a Masada; tiveron dous fillos varóns. Veciños do Cruceiro, Santa Baia de Alcabre, en Vigo. Eran nove irmáns e a un deles, José Comesaña Pérez, paseárono con el; á súa irmá Cecilia Comesaña Pérez, denigrárona. Ao seu medio irmán por parte de pai, Emilio Comesaña Sobreira, tamén o pasearon o mesmo día que a el e a José. Antonio era almacenista.

Contador da Sociedade de Labregos de Alcabre.

Paseado.

Cando se produce o golpe dos militares sublevados participou con, entre outras persoas, o seu irmán José Comesaña Pérez, o seu medio irmán Emilio Comesaña Sobreira e Fernando Costas Iglesias, na requisa de armas para a defensa da República. Paseáronos aos catro no mesmo día.

O día 06/10/1936 un grupo de falanxistas e gardas civís e un cura sacaron a seis persoas da prisión do frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, leváronos a Vincios e asasináronos en dous grupos; tres morreron en Pasaxe (José Comesaña Pérez, Antonio Comesaña Pérez e Emilio Giráldez Rodríguez) e outros tres en Bichicáns, Vincios (Emilio Comesaña Sobreira, Fernando Costas Iglesias e Manuel Villar Cimadevilla).

Soterráronos a todos no cemiterio de San Vicente de Mañufe, Gondomar.

Morte rexistrada en Gondomar a causa de feridas producidas por disparos de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha