← Volver atrás

Costas Iglesias, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bichicáns, Santa Mariña de Vincios, Gondomar
(Pontevedra)
- 06/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 29 anos. Casado con Otilia Costas, Otilia do Merlo. Veciños de Santa Baia de Alcabre, Vigo.

Fernando foi un dos dirixentes da Sociedade de Labregos de Alcabre.

Paseado.

Cando se produce o golpe dos militares sublevados participou con, entre outras persoas, os irmáns Antonio Comesaña Pérez e José Comesaña Pérez e o medio irmán destes Emilio Comesaña Sobreira, na requisa de armas para a defensa da República. Prendéronos os falanxistas o día 30/09/1936 e paseáronos aos catro no mesmo día.

O día 06/10/1936 un grupo de falanxistas, gardas civís e un cura sacaron a seis persoas da prisión do frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, leváronos a Vincios e asasináronos en dous grupos; tres morreron en Pasaxe (José Comesaña Pérez, Antonio Comesaña Pérez e Emilio Giráldez Rodríguez) e outros tres en Bichicáns, Vincios (Emilio Comesaña Sobreira, Fernando Costas Iglesias e Manuel Villar Cimadevilla).

Morte rexistrada en Gondomar a causa de feridas producidas por disparos de arma de fogo.

Soterráronos a todos no cemiterio de San Vicente de Mañufe, Gondomar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha