← Volver atrás

Villar Cimadevila, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Vila de Cruces
(Pontevedra)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bichicáns, Santa Mariña de Vincios, Gondomar
(Pontevedra)
- 06/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e político, 40 anos. Casou en Vigo (Pontevedra) con Enriqueta Villar Montes; tiveron dous fillos. Veciños do barrio do Pino, en Vigo. Irmán de Enrique Villar Cimadevila e de Luis Villar Cimadevila, encarcerados e mortos na cadea, e de Plácido Villar Cimadevila, encarcerado. Cuñado de Manuel Blanco Fernández, encarcerado. Traballou como empregado no comercio La Innovación, da Porta do Sol, na cidade viguesa.

Candidato nas eleccións municipais de 1931 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); dirixente provincial do Partido Republicano Galego (PRG) e despois de Esquerda Republicana (ER).

Detido en xaneiro de 1935, na causa 77/35, baixo a acusación de pertencer ao Socorro Rojo Internacional (SRI). Nesta investigación tivo un papel destacado o tenente da Garda Civil Francisco González Rodríguez, o Rabioso.

Promotor e director do semanario pontevedrés Clarín.

Paseado.

Os franquistas prendérono despois do golpe de Estado e enviárono á cadea.

O día 06/10/1936 un grupo de falanxistas, gardas civís e un cura, sacaron a seis persoas da prisión do frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, leváronos a Vincios e asasináronos en dous grupos; tres morreron en Pasaxe (José Comesaña Pérez, Antonio Comesaña Pérez e Emilio Giráldez Rodríguez) e outros tres en Bichicáns, Vincios (Emilio Comesaña Sobreira, Fernando Costas Iglesias e Manuel Villar Cimadevilla).

Morte rexistrada en Gondomar a causa de feridas producidas por disparos de arma de fogo.

Soterráronos a todos no cemiterio de San Vicente de Mañufe, en Gondomar.

Nalgunhas fontes aparece como Cimadevilla de segundo apelido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha